Mugares
Mugares é unha das oito parroquias que dan forma ó Concello de Toén. Está situada entre o río Miño (N), Toén (O), Moreiras (S) e o Concello de Barbadás (L).
Demografía[editar]
Datos INE 2020 -> 295 habitantes.
Patrimonio[editar]
Igrexa de Santa María de Mugares[editar]
Dentro do patrimonio histórico-artístico destacan a igrexa de Santa María de Mugares, dentro da cal se pode contemplar parte da obra do Pintor de Banga, Bartolomé García de Baamonde; e a sua reitoral.
Pombar[editar]
Tamén merece unha reseña o pombar do Outeiro, unha edificación de planta circular, muros de sillería granítica e cuberta de tella. Baixo a cubierta unha coroa de pedra bordea o perímetro da fachada
Cabaceiros[editar]
Trátase dun grupo de cabaceiros de pequenas dimensións. Con estructura e cerramentos de madeira, cuberta de tella curva a duas augas, están asentados ben sobre pes dereitos ou sobre sillares enterizos.
Capela de Mugares[editar]
Como peculiaridades destacan a maior lonxitude da capela transversal que lonxitudinalmente, a espadaña cun único arco de medio punto e o peche de sillería granítica.
Fonte pública de Mugares[editar]
Fonte y lavadeiro conxunto de servicio doméstico. A bóveda de medio punto formada por dovelas de pedra granítica sirve para cubrir o espacio interior da mesma.
Entroido de Mugares[editar]
Considerado de Interese Turístico Provincial, o de Mugares é un dos entroidos máis populares da parovincia de Ourense. Labardeiros e señoritas desfilan ó lado do Mazaruco e a Mazaruca, a parella de "mecos" que preside o Entroido e saudan ós veciños dende o seu carro.