Diferencia entre revisiones de «Xoán Antonio Saco e Arce»
(→Notas) |
|||
| Línea 24: | Línea 24: | ||
; Artigos | ; Artigos | ||
* ''Poesía gallega contemporánea: sus defectos más comunes'', no xornal ''El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego''; Ourense, xaneiro de 1876. | * ''Poesía gallega contemporánea: sus defectos más comunes'', no xornal ''El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego''; Ourense, xaneiro de 1876. | ||
== Véxase tamén == | == Véxase tamén == | ||
Revisión del 09:26 18 jul 2021
Juan Antonio Saco y Arce, nado no O Outeiro, Alongos, Toén o 8 de marzo de 1835 e finado en Ourense o 14 de setembro de 1881, foi un escritor e lingüista, autor da primeira Gramática da lingua galega.
Traxectoria
Fillo de José María Saco y Noguerol e de Juana Justa de Arce y Burriel, e neto de Juan Antonio Saco y Taboada e María Noguerol, e de José María de Arce Calderón de la Barca e María Salomé Burriel. Fixo estudos no Seminario de Ourense, e posteriormente estudou Filosofía e Letras e Teoloxía en Santiago de Compostela. Exerceu a Cátedra de lingua grega nos institutos de bacharelato de Pontevedra, Ourense, e logo de Castellón de la Plana. No ano 1863 tomou posesión da praza da mesma materia no Instituto de Ourense, onde exercería como profesor de grego e logo de Retórica e Poética.
Coa chegada da Gloriosa Revolución, Saco tivo dificultades, pois negouse a xurar a nova constitución, a primeira realmente democrática en España, feito que o levou a ser separado da súa cátedra. Mais durante a Primeira República, en 1873, Saco foi reincorporado ao corpo de profesores do bacharelato. Morreu oito anos despois.
Obra
En 1868 publicou en Lugo a primeira gramática da lingua galega. Certo, que catro anos antes, un aínda hoxe descoñecido Francisco Mirás, publicara en Santiago, o titulado Compendio de Gramática Galega-Castellana, mais dada a súa escasa calidade e o carácter rotundamente incompleto, mal se podería cualificar de primeira gramática do galego, se non fose compasivamente.
Saco cultivou tamén a poesía, publicando en 1878, en Ourense, Poesías, volume de algo máis de 400 páxinas, das que só nove poesías están redactadas en galego, e a maioría en castelán. Seis delas son poesías de creación, e tres traducións do latín; todas de carácter relixioso. O tema resultaba novo dentro da literatura galega.
Fóra desas dúas obras, publicou un curto artigo Poesía gallega contemporánea: sus defectos más comunes, nun xornal ourensán, en 1876.
Tivo un grande interese pola literatura popular, botando man dela a fin de ilustrar determinadas pasaxes da súa gramática galega, así como tamén tirou proveito dunha boa escolma de refráns a modo de apéndice. No ano 1881, o do seu pasamento, comezou a publicar algúns dos materiais que recollera baixo o título de Literatura Popular de Galicia, obra que ficou interrompida. Algúns dos materiais recollidos apareceron, de xeito disperso, no Cancionero popular gallego de Xosé Pérez Ballesteros, co que debeu manter amizade, xa que de novo en 1878, prologoulle os Versos en dialecto gallego. Parte do material que permanecía inédito foi logo publicado no Boletín da Comisión de Monumentos da Provincia de Ourense entre 1910 e 1929, e algo máis no ano 1939.
Publicacións
- Libros
- Gramática gallega. Lugo. Imprenta de Manuel Soto Freire. Lugo. 1868.
- Poesías. Ourense. Imprenta de Gregorio Rionegro Lozano. 1878.
- Artigos
- Poesía gallega contemporánea: sus defectos más comunes, no xornal El Heraldo Gallego (1874)|El Heraldo Gallego; Ourense, xaneiro de 1876.
Véxase tamén
Bibliografía
- Plantilla:Cita libro
- Plantilla:Versaleta (1998). "Los Precursores (1885): notas de lectura" Boletín da Real Academia Galega n.º 361.
- Plantilla:Cita libro
- Plantilla:Cita libro
- Plantilla:Cita libro
- Plantilla:Cita libro
- Plantilla:Cita libro
- Plantilla:Cita libro
- Plantilla:Cita libro
- Plantilla:Versaleta et al.: "Saco y Arce, Juan Antonio" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- [[Inma López Silva|Plantilla:Versaleta, Inma]]. "Juan Antonio Saco y Arce". Diccionario biográfico español. Real Academia da Historia Plantilla:Es.
- Plantilla:Cita publicación periódica
- Plantilla:Versaleta (2004). Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento,[1] pp. 85-120, Xerais, ISBN 978-84-9914-764-2.
- Juán L. Saco Cid. "Perfil biográfico de Juan Antonio Saco Arce: o seu compromiso intelectual" pp. 309-328.
- Antón Santamarina. "Saco Arce como gramático. Significado e pegada da súa obra" pp. 329-349.
- Teresa López. "“Con abundancia de razóns”: a literatura na Gramática de Saco Arce" pp. 351-363.
- Francisco Dubert García. "A gramática na Gramática de Saco Arce" pp. 365-383.
- Xosé A. Fernández Salgado. "A proposta ortográfica de Saco Arce no contexto do Rexurdimento" pp. 385-405.
- Ernesto X. González Seoane. "Descrición e prescrición na Gramática de Saco" pp. 407-417.
- Xurxo Martínez González. "A obra de Saco Arce no contexto do Rexurdimento" pp. 419-462.
Plantilla:Reftermina Plantilla:Commonscat
Outros artigos
Ligazóns externas
- "Xoán Antonio Saco Arce" Biblioteca Virtual Galega. Universidade da Coruña.
- "Saco Arce, Xoán Antonio" Enciclopedia Historia Literatura Galega. Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
- Personalidades da lingüística galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Nados en Toén
- Sacerdotes católicos de Galicia
- Nados en 1835
- Finados en 1881
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Precursores do Rexurdimento
- Académicos correspondentes da Real Academia Española
- Profesores de educación secundaria
- Poetas de Galicia
- Poetas en lingua galega
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela